Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2019 Páx. 7437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación SEM 2015/50, nos concellos de Arteixo e A Coruña.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación denominada poliduto e instalacións auxiliares para descarga de cru no porto exterior de Punta Langosteira, nos concellos de Arteixo e A Coruña (expediente SEM 2015/50), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SEM 2015/50.

Entidade beneficiaria: Repsol Petróleo, S.A.

Denominación da instalación: poliduto e instalacións auxiliares para descarga de cru no porto exterior de Punta Langosteira.

Concellos: Arteixo e A Coruña.

Predio

Concello

Data de ocupación

C-AR-13

Arteixo

5.12.2018