Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2019 Páx. 6746

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo de dúas prazas de auxiliares da Administración xeral, por promoción interna.

As bases xerais que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO), núm. 50, do 13 de marzo de 2015, e a súa rectificación no BOPPO, núm. 77, do 22 de abril de 2016, e as bases específicas das seguintes prazas publicáronse integramente no BOPPO, núm. 3, do 4 de xaneiro de 2019:

Persoal funcionario:

– 1 praza de auxiliar de Administración xeral, encadrada dentro da subescala auxiliar da escala de Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C2, polo sistema de oposición libre, mediante o procedemento de promoción interna.

– 1 praza de auxiliar de Administración xeral, encadrada dentro da subescala auxiliar da escala de Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C2, polo sistema de oposición libre, mediante o procedemento de promoción interna, reservada para persoas con discapacidade.

Redondela, 4 de xaneiro de 2019

Miguel Ángel Álvarez Ballesteros
Alcalde accidental