Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2019 Páx. 6747

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rois

ANUNCIO da convocatoria de prazas de axente de emprego e desenvolvemento local e de técnico/a de normalización lingüística.

Por Resolución da Alcaldía núm. 4/2019, do 25 de xaneiro de 2019, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de axente de emprego e desenvolvemento local e unha praza de técnico/a de normalización lingüística para o Concello de Rois, mediante o sistema de concurso-oposición, no marco do proceso de consolidación de emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña aparecerán integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición, das prazas de axente de emprego e desenvolvemento local e de técnico/a de normalización lingüística, vacantes no cadro de persoal municipal.

Estas prazas teñen as seguintes características:

Nº de vacantes

Denominación

Categoría laboral

1

Axente de emprego e desenvolvemento local

Persoal laboral fixo

1

Técnico/a de normalización lingüística

Persoal laboral fixo

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios do Concello de Rois. Así mesmo, quedará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello www.concelloderois.org

Rois, 25 de xaneiro de 2019

Ramón Tojo Lens
Alcalde