Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2019 Páx. 6745

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de convocatoria de postos de libre designación.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 248, do 31 de decembro de 2018, publicáronse a bases aprobadas por resolucións da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 20 de decembro de 2018, relativas ás seguintes convocatorias de postos de libre designación:

– 1 posto de xefe/a de servizo de Infraestruturas.

– 1 posto de xefe/a de servizo de Orzamentos e Estudos Económicos.

O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Estas convocatorias e as súas resolucións publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director de Economía, Facenda e Administración