Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2019 Páx. 6697

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1046/2017).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1046/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Amor Guillín contra Fondo de Garantía Salarial, LCG Fermar, S.L. sobre ordinario, se ditou a sentenza coa seguinte parte dispositiva:

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Juan José Amor Guillín contra a entidade LCG Fermar, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade LCG Fermar, S.L. a que aboe ao demandante as seguintes cantidades: 1.994,96 € brutos por salarios devindicados entre abril e xuño de 2017, 479 € brutos por compensación de vacacións non desfrutadas, 5.259,12 € por axudas de custo devindicadas entre xaneiro e xuño de 2017, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e 191,71 €, por indemnización de extinción de contratos temporais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así mesmo, ditouse auto de rectificación coa seguinte parte dispositiva:

Dispoño:

Rectificar o erro de transcrición contido na sentenza ditada nos presentes autos con data do 28 de setembro de 2018, no seu feito probado terceiro, que quedará redactado do seguinte modo, manténdose os restantes pronunciamentos.

«…Terceiro. Ao tempo de extinción dos contratos temporais, non se lle aboaron as indemnizacións derivadas de fin de contrato, que supoñen para o período entre o 29.4.2017 e o 2.6.2017, a cantidade de 37,69 € e, como compensación de vacacións non desfrutadas, 94,02 € brutos; para o período entre o 5.2.2017 e o 13.4.2017, como indemnización, a cantidade de 73,24 € e, como compensación por vacacións non desfrutadas, 183,13 € brutos; para o período entre o 10.1.2017 e o 28.1.2017, como indemnización, a cantidade de 20,46 € e como compensación por vacacións non desfrutadas, 51,15 € brutos; para o período do 6.11.2017 ao 31.12.2017, como indemnización a cantidade de 60,32 € e como compensación por vacacións non desfrutadas, 150,7 € brutos...».

Contra este auto non cabe interpor recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor fronte á resolución aclarada, cuxo prazo de anuncio se iniciará de novo coa notificación da presente resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a LCG Fermar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza