Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2019 Páx. 5963

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación ao propietario do predio coa referencia catastral 80320C1NG9883S0001RO.

Visto o anuncio de notificación no TEU do BOE con data do 28 de decembro de 2018, e en cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requíreselles ao/aos propietario/s, arrendatario/s ou usufrutuario/s da parcela coa referencia catastral 80320C1NG9883S0001RO, e inscrita no catastro a nome do titular con DNI 44457866Q, para que no prazo de 15 días execute/n os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas; estando obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa.

San Cibrao das Viñas, 22 de xaneiro de 2019

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde