Mediante o Decreto da Alcaldía do 28 de decembro de 2018, resolveuse aprobar a ampliación da oferta de emprego público deste concello para 2018, que foi aprobada mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local adoptado en sesión que tivo lugar o 27 de setembro de 2018, en aplicación da taxa adicional regulada na disposición adicional 165ª da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, e en cumprimento do Real decreto 1449/2018, do 14 de decembro, polo que se establece o coeficiente redutor da idade de xubilación en favor dos policías locais ao servizo das entidades que integran a Administración local, co seguinte detalle:
Natureza |
Código RPT |
Grupo |
Subgrupo |
Escala |
Subescala |
Número prazas |
Denominación |
Funcionario |
07.01.00.05 |
C |
C1 |
Admón. especial |
Servizos especiais |
1 |
Oficial |
Funcionario |
07.01.00.29 |
C |
C1 |
Admón. especial |
Servizos especiais |
1 |
Policía |
O que se publica de conformidade co disposto na epígrafe 2 do número 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.
Ribeira, 2 de xaneiro de 2019
Manuel Ruiz Rivas
Alcalde