Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2019 Páx. 5964

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación ao propietario do predio coa referencia catastral 7025021NG9872N0001ME.

Visto o anuncio de notificación no TEU do BOE con data do 18 de xaneiro de 2019, e en cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requíreselles ao/aos propietario/s, arrendatario/s ou usufrutuario/s da parcela coa referencia catastral 7025021NG9872N0001ME, e inscrita no catastro a nome do titular con DNI 34930501X, para que no prazo de 15 días execute/n os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas; estando obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa.

San Cibrao das Viñas, 23 de xaneiro de 2019

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde