Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2019 Páx. 5904

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 102/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 102/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Pose Vieites contra Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Fogasa, Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González

Santiago de Compostela, nove de xaneiro de dous mil dezanove

Parte dispositiva

Acórdase rectificar o contido do auto de data 30 de agosto de 2018, de tal forma que o seu contido se substitúe polo seguinte:

No fundamento segundo debe dicir: “O demandante traballou por conta da demandada desde o día 8 de xuño de 2016, cun salario mensual de 1.946,85 euros con rateo de pagas extraordinarias.

Pois ben, polo que respecta á indemnización, deberase calcular con data da presente resolución, o que supón un total de 4.752,45 euros.

Na parte dispositiva debe dicir: “Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a José Pose Vieites coas entidades Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M. Quinteiro, S.L. e Neira y Ferreira, S.L.U., e condeno solidariamente as executadas a aboarlle a José Pose Vieites a cantidade de 4.752,45 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 28.804,5 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, así como a cantidade de 1.408,13 euros que debe en concepto de cantidades debidas, do que resulta un total de 34.965,08 euros”.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta resolución non é susceptible de ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor contra a resolución que é obxecto de rectificación.

Así o acorda, manda e firma.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira y Ferreira, S.L.U. e Aluminios M. Quinteiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza