Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2019 Páx. 5902

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 1217/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1217/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Gastón Rivero Morales contra Iago Castro Martínez, Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Diego Gastón Rivero Morales contra o empresario individual Iago Castro Martínez e Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro que o contrato de traballo que os vinculaba era a tempo completo, e debo condenar e condeno o empresario individual Iago Castro Martínez e Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L. a que aboen ao demandante a cantidade de 1.752,98 euros brutos por diferenzas salariais, compensación económica por vacacións non desfrutadas e horas extras devindicadas durante a súa relación laboral.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Dedúzase.

E para que sirva de notificación en legal forma a Iago Castro Martínez e Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza