Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2019 Páx. 5900

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (SSS 306/2017).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento seguridade social 306/2017 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Campus Coruña, S.L., a entidade Mutual Midat Cyclops e as entidades Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza.

A Coruña, 7 de xaneiro de 2019.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 306/2017, en que foron parte, dun lado como demandante, Antonio Outerelo Salorio, representado polo letrado Raúl González González en virtude de designación de quenda de oficio e, como demandados, INSS e TXSS, representados pola letrada Natalia Suárez Herva; a entidade Mutua Midat Cyclops, representada polo letrado Luis Manuel Rodero Díaz, e a mercantil Campus Coruña, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, sobre cambio de continxencias, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolvo

Que, estimando a demanda interposta por Antonio Outerelo Salorio contra o INSS, a TXSS, Mutua Midat Cyclops e Campus Coruña, S.L., e con revogación da resolución do INSS, debo declarar e declaro que a IT do demandante, iniciada o día 2.11.2016, deriva de accidente de traballo, coas consecuencias especificadas no FX 3º.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Campus Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza