Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2019 Páx. 5911

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 287/2018).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 287/2018

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 554/2017

Sobre: despedimento

Demandante: Patricia Alende Ferrín

Avogada: Marta Rodríguez Mallo

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Mármoles Alende, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa, (…)

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 287/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Alende Ferrín contra a empresa Mármoles Alende, S.L., se ditou auto en data 9 de xaneiro de 2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante Patricia Alende Ferrín fronte a Mármoles Alende, S.L., parte executada.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei Reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a

A letrada da Administración de xustiza».

E a dilixencia de ordenación do 9 de xaneiro de 2019:

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2019.

Tras presentar a traballadora Patricia Alende Ferrín a exixencia do cumprimento por parte do empresario Mármoles Alende, S.L. da obrigación de readmisión, e despois de se despachar auto de execución de sentenza en data 9 de xaneiro de 2019, de conformidade co artigo 280 da LRXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que tenten valerse, e fixo o próximo día 13 de febreiro de 2019, ás 11.45 horas, para a realización da comparecencia.

De non asistir a traballadora ou persoa que a represente terase por desistida na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante celebrarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación do demandado por medio de edictos.

Notifíqueselles ás partes e a Mármoles Alende, S.L., por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselles ao destinatario que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación e citación a Mármoles Alende, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza