Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2019 Páx. 5555

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 21 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona TIC 2019), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Mediante a Resolución do 21 de decembro de 2018 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona TIC 2019), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro de 2019).

No punto terceiro do Resolvo establecíanse catro prazos para a presentación de solicitudes, que eran os seguintes:

Convocatoria

Inicio do prazo

Fin do prazo

2019.1

O día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

14.2.2019

2019.2

18.2.2019

21.3.2019

2019.3

25.3.2019

7.4.2019

2019.4

6.5.2019

20.6.2019

Detectado un erro na data de fin de prazo da terceira convocatoria, procede a súa modificación.

Por todo o anterior, de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Artigo 1

Modificar a Resolución do 21 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona TIC 2019), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, no seguinte sentido:

O punto terceiro do Resolvo queda redactado do seguinte xeito:

Terceiro. Os prazos para a presentación de solicitudes serán os seguintes:

Convocatoria

Inicio do prazo

Fin do prazo

2019.1

O día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

14.2.2019

2019.2

18.2.2019

21.3.2019

2019.3

25.3.2019

30.4.2019

2019.4

6.5.2019

20.6.2019

Artigo 2

Esta modificación entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica