Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2019 Páx. 5557

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 18 de xaneiro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 21 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona TIC 2019), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

BDNS (Identif.): 433225.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Modificación do prazo de presentación de solicitudes

Modifícase a data de fin de prazo de presentación de solicitudes da convocatoria 2019.3 das bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona TIC 2019), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Resolución do 21 de decembro de 2018, DOG núm. 7, do 10 de xaneiro de 2019), que queda do seguinte xeito:

«Convocatoria 2019.3: desde o 25.3.2019 ata o 30.4.2019».

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2019

Pablo Casal Espido
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica