Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2019 Páx. 5554

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2019 pola que se dá publicidade dos convenios e protocolos de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2018.

Coa finalidade de incrementar a transparencia e a difusión da actividade desenvolvida polo Consello de Contas

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Consello de Contas de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2019

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Consello de Contas de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2018

Convenio

Importe €

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre o Consello de Contas de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia polo que se comparten infraestruturas, técnicas e servizos comúns que permitan a racionalización de recursos TIC sobre atribución de competencia de recursos contractuais.

0 €

8.11.2018

Protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e o Consello de Contas de Galicia para a implantación e o seguimento de plans de prevención de riscos da corrupción no sector público autonómico de Galicia.

0 €

16.11.2018

Acordo de colaboración entre o Consello de Contas e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para a formación e sensibilización en materia de integridade e comportamento ético.

0 €

3.12.2018

Protocolo de colaboración entre a Fiscalía da Comunidade Autónoma e o Consello de Contas de Galicia para a prevención da corrupción no ámbito do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia.

0 €

19.12.2018