Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2019 Páx. 5397

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2019 de convocatoria de praza da oferta de emprego 2018.

No BOP de Pontevedra número 18, do 25 de xaneiro de 2019, publícanse integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover as seguintes prazas:

Funcionario/a de carreira. Quenda de mobilidade.

Escala: Administración especial. Subescala: servizos especiais. Clase: policía local. Denominación: policía local. Número de vacantes: 1. Grupo C, subgrupo C1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Poio, 25 de xaneiro de 2019

Luciano Sobral Fernández
Alcalde