De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado pola directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
A comparecencia deberase efectuarse, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, número 1-5, baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres hábiles.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2019
Sol Mª Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
ANEXO
Expediente: 15R001-283-2018.
Interesada: PLW Imp e Exp Unipessoal, Lda.
CIF/NIF: 508367034.
Acto notificado: resolución do expediente.