Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2019 Páx. 5395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2019 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente PRV-00020/2018.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto adoptouno o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Dirección Técnica de Fomento do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, As Fontiñas, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2019

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: PRV-00020/2018.

DNI/NIF/NIE: 32844441G.

Acto obxecto de notificación: resolución de desistencia expresa.