Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2019 Páx. 5398

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación aos propietarios do predio coa referencia catastral 32076A024001010000UU.

Visto o anuncio de notificación do taboleiro de edictos único do BOE do 19 de outubro de 2018, e en cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requírense os propietarios, arrendatarios ou usufrutuarios da parcela coa referencia catastral 32076A024001010000UU e inscrita no Catastro en investigación (artigo 47 da Lei 33/2003), para que no prazo de quince (15) días executen os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do Concello de realizar a execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas. Advírteselles que están obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa.

San Cibrao das Viñas, 22 de xaneiro de 2019

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde