Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2019 Páx. 5352

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 197/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 197/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alicia Vázquez Barranco contra J. Antonio Iglesias Garaboa e outra, C.B., Antonio Iglesias Garaboa, María José Yáñez Rodríguez, Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2018.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar os executados J. Antonio Iglesias Garaboa e outra, C.B., Antonio Iglesias Garaboa, María José Yáñez Rodríguez, Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 6.867,65 euros (5.550,04 euros en concepto de diferenzas salariais e vacacións non gozadas, 1.117,61 euros en concepto de honorarios do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) respecto da cantidade anterior, 200 euros en concepto de honorarios do letrado), máis outros 686,76 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se en diante se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva para efectos publicitarios a declaración de insolvencia de J. Antonio Iglesias Garaboa e outra, C.B., Antonio Iglesias Garaboa, María José Yáñez Rodríguez, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza