Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2019 Páx. 5354

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 177/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 177/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Lestayo Lado contra Alejandro Ignacio Fraga Freire, e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrado da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2018.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Alejandro Ignacio Fraga Freire en situación de insolvencia parcial por importe de 13.966,56 euros de principal e 1.401,08 euros en concepto de xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se en diante se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva a efectos publicitarios a declaración de insolvencia de Alejandro Ignacio Fraga Freire, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza