Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2019 Páx. 5345

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (875/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 875/2016 por instancia de Mutua Midat Cyclops contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a empresa Transportes Logísticos Pocomaco, S.L., sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza en data 4 de decembro de 2016 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido.

Estimar a demanda formulada por Mutua Midat Cyclops fronte á empresa Transportes Logísticos Pocomaco, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesourería Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia, condénase a empresa Transportes Logísticos Pocomaco, S.L., a aboar á Mutua Midat Cyclops, como responsable directo, a cantidade de setecentos setenta e catro euros con corenta e sete céntimos de euro (774,47 euros) con responsabilidade subsidiaria do INSS para o caso de insolvencia da empresa.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución; bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Transportes Logísticos Pocomaco, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza