Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2019 Páx. 5347

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (650/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 650/2016 por instancia de Beatriz Rico Failde contra a empresa Yaniraonline, S.L., sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza en data 18 de decembro de 2016 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido.

Estimar a demanda formulada por Beatriz Rico Failde fronte á empresa Yaniraonline, S.L., e, en consecuencia, condénase a empresa Yaniraonline, S.L., a abonar ao demandante a cantidade de dous mil seiscentos oito euros con setenta e cinco céntimos de euro (2.608,75 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución; bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Yaniraonline, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza