Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2019 Páx. 4311

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2316/2018-PM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2316 /2018 PM

Xulgado de orixe/autos: salarios tramitación cargo estado 255/2015 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrentes: Delegación do Goberno en Galicia, Secretaría de Estado de Xustiza

Avogado/a: avogado/a do Estado

Recorridas: Carlota Lorena Elizechea Mateos, Estefanía Martínez Vilariño

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección 1 desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2316/2018 desta sección, seguidos por instancia de Estefanía Martínez Vilariño contra a Delegación do Goberno en Galicia, Secretaría de Estado e Xustiza e Carlota Lorena Elizechea Mateos, sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola Administración do Estado demandada (Delegación do Goberno en Galicia –Subdelegación do Goberno na Coruña–, Dependencia de Traballo e Inmigración da Coruña e contra a Secretaría de Estado de Xustiza, Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, Dirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza), contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 desta capital, nos presentes autos tramitados por instancia da demandante Estefanía Martínez Vilariño, fronte á dita demandada e contra Carlota Lorena Elizechea Mateos, debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza, con imposición á Administración recorrente das custas causadas polo seu recurso, que incluirán a cantidade de 601 € en concepto de honorarios do letrado ou graduado social da parte impugnante.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Carlota Lorena Elizechea Mateos, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza