Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2019 Páx. 4313

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño

EDICTO (DCT 123/2017).

José Luis Rodríguez Jácome, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño, polo presente anuncio que, en virtude do acordado na resolución ditada no día da data no procedemento número 123/2017, e de conformidade co artigo 497 da LAC, polo presente notifícase a Jessenia Paola Lavezzaris Muñoz, en ignorado paradoiro, a sentenza 68/2018, do 19 de decembro de 2018, contra a que cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días.

Fáiselle saber que dita resolución e o expediente están á súa disposición nas oficinas do xulgado.

O Carballiño , 19 de decembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza