Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2019 Páx. 4094

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 323/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 323/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roque Luis Araujo Rey contra a empresa Novas Gráficas, Sociedade Cooperativa Galega e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando integramente a demanda interposta por Roque Luis Araujo Rey, contra Novas Gráficas, Sociedade Cooperativa Galega, debo condenar e condeno a parte demandada a aboarlle ao demandante a suma de 4.034,06 euros polos conceptos sinalados no feito probado oitavo desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do 576 da LAC a partir da presente resolución, así como ao pagamento das custas procesuais, incluídos os honorarios de letrado da parte demandante co límite de 200 euros.

No que incumbe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia, debendo observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Novas Gráficas, Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza