Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2019 Páx. 4096

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 653/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 653/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Antonio García Núñez contra a empresa Trans Coruña, S.L., FRMAP e INSS e TGSS, sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Providencia da maxistrada xuíza: Elena Calleja Curros

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2018.

Dada conta; o anterior escrito de data 22 de setembro de 2018, ás 11.21 horas, presentado pola letrada Cristina Goldar Soto en nome e representación da parte demandante José Antonio García Núñez, únase ás actuacións e vista a acumulación interesada, non constando neste xulgado datos do procedemento ao que fai referencia dese traslado ás partes demandadas para que no prazo de 5 días aleguen o que ao seu dereito conveña.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se e o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Trans Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza