De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 12 de decembro de 2018, relativa á repotenciación do parque eólico Zas, nos concellos de Zas e Santa Comba (A Coruña) promovida por EDP Renovables España, S.L.U.
A dita declaración poderase consultar na ligazón: https://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela) e da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Caetano, s/n, bloque 5, cuarto andar, Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2018
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático