Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2019 Páx. 4106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 12 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de infraestruturas e dotacións para complexo turístico residencial en Leboreiro, no concello de Melide, promovido pola Promotora de Hostelería Gallega, S.L. (expediente 2018AAE2225; código 2105/2018).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 11 de decembro de 2018, sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para complexo turístico residencial en Leboreiro, no concello de Melide, promovido pola Promotora de Hostelería Gallega, S.L.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no enderezo da internet https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático