Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2019 Páx. 4108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto de ampliación de explotación avícola para ceba de pavos con capacidade para 39950 aves no lugar de San Fiz, na parroquia de San Fiz de Vilapedre, no concello de Sarria (Lugo) (expediente 2018/0229).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o estudo de impacto ambiental para o proxecto de ampliación de explotación avícola para ceba de pavos con capacidade para 39950 aves no lugar de San Fiz, na parroquia de San Fiz de Vilapedre e, promovido por María Amor Rodríguez Vázquez, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, fomular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Para efectos deste expediente o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:

http://cmaot.xunta.gal/participacion-avaliacion-proxectos

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático