Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 28 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifica o acordo mediante o cal se inicia o expediente sancionador en materia de xogo L-16/18.

O día 13 de novembro de 2018, o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou un acordo co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación á persoa interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para o coñecemento íntegro do mencionado acordo e para deixar constancia de tal coñecemento.

Infórmase igualmente de que a instrución do referido expediente sancionador se realizará na Xefatura Territorial desta vicepresidencia e consellería en Lugo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: L-16/18.

DNI imputado/a: X5695471G.

Último enderezo coñecido: rúa Anovello, 30, Becerreá (Lugo).

Data do acordo: 28 de decembro de 2018.

Tipificación e precepto infrinxido: leve; artigo 54.2 do Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia.