Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 18 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o requirimento de documentación no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2018/0171).

O día 21 de novembro de 2018, a persoa encargada do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Lugo formulou un requirimento de documentación relativo ao procedemento de inscrición no mencionado rexistro (expediente LU-2018/0171), cuxo contido se recolle de xeito resumido no anexo a este anuncio.

O dito requirimento non se puido notificar persoalmente aos interesados. Polo tanto, consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), realízase esa notificación mediante a publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, así como no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentaren a documentación requirida. De non o faceren así, teranse por desistidas da súa solicitude, polo que se ditará resolución de arquivamento desta, sen prexuízo de que poidan volver presentar máis adiante unha nova petición de inscrición.

O texto íntegro do acto que se notifica, así como o resto do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Lugo, 18 de decembro de 2018

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (PR212A).

Número de expediente: LU-2018/0171.

Persoas interesadas: Iria Díaz Castañal e Domingo Antonio Pérez González.

Acto que se notifica: requirimento de documentación.

Documentación requirida: declaración da vontade de constituír unha parella de feito mediante comparecencia persoal de ambos os dous membros desta diante da persoa encargada do rexistro.