Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2019 Páx. 3469

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 3 de decembro de 2018 de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Dodro, no solo rústico de protección de costas e no núcleo rural de Imo.

O Concello de Dodro remite a modificación puntual referida en solicitude da súa aprobación definitiva conforme o previsto no artigo 60.16 da Lei 2/2016, do solo de Galicia (LSG), e no artigo 144.16 do seu regulamento (RLSG) aprobado polo Decreto 143/2016.

Analizada a documentación redactada por Estudio Técnico Gallego en xullo de 2017 e vista a proposta literal que eleva a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

1. O Concello de Dodro conta cun plan xeral de ordenación municipal aprobado definitivamente o 27.12.2010 (DOG do 11.1.2011; BOP do 28.1.2011).

2. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o 6.3.2017 un informe de contestación no trámite de consultas previsto no artigo 60.4 da LSG.

3. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (DXCACC) formulou o informe ambiental estratéxico sobre a modificación o día 22.3.2017, no que se resolve non someter a modificación ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria. No marco do proceso de consultas previas, contestaron, ademais da SXOTU:

a) O Instituto de Estudos do Territorio, cun informe do 30.1.2017, no cal se indica que a modificación non terá efectos relevantes sobre a paisaxe.

b) A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emitiu informe o 9.2.2017, no cal se recollen observacións para o desenvolvemento da modificación.

c) A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) emitiu informe respecto das estradas da súa titularidade o 2.3.2017, sen atopar incidencia das actuacións previstas.

d) A Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica respondeu o 1.3.2017 que non é previsible que a planificación proposta teña incidencia no desenvolvemento da acuicultura do concello.

e) Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Coruña, do 29.1.2017.

f) Ministerio de Agricultura e Pesca, do 4.4.2017.

4. Consta informe xurídico da secretaria-interventora municipal do 14.7.2017, favorable á aprobación inicial da modificación (artigo 60.6 da LSG).

5. O Concello Pleno aprobou inicialmente a modificación o 21.7.2017. Foi sometida a información pública polo prazo de dous meses (La Voz de Galicia do 28.7.2017 e Diario Oficial de Galicia do 1.8.2017). Foron presentadas tres alegacións.

6. Respecto dos trámites previstos no artigo 60.7 da LSG, deuse audiencia aos concellos limítrofes de Lousame, Padrón, Rianxo, Rois e Valga e recibiuse escrito do Concello de Lousame o 17.10.2017. En canto á solicitude dos informes sectoriais, consta a emisión de:

– Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil do 6.10.2017.

– Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural do 6.11.2017.

– Dirección Xeral de Ordenación Forestal do 11.12.2017.

– Instituto de Estudos do Territorio do 4.12.2017.

– Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 8.1.2018.

– Axencia Galega de Infraestruturas do 9.1.2018

Non consta a emisión dos informes solicitados á Dirección de Augas de Galicia e á Dirección Xeral de Patrimonio Natural, tendo rematado o prazo o 8.1.2018, polo que se entenden emitidos en senso favorable.

7. A respecto dos informes sectoriais non autonómicos, emitíronse os seguintes:

– Informe favorable do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, do 6.10.2017, en relación coa adecuación da modificación ao disposto no artigo 35.2 da Lei 9/2014, xeral de telecomunicacións.

– Informe favorable do Servizo de Vías e Obras da Deputación do 3.11.2017.

8. No documento para aprobación provisional, a AXI emite informe do 21.5.2018 no cal se recoñece como treito urbano o tramo da AC-305 que discorre polo núcleo de Imo.

9. Constan no expediente informe do arquitecto municipal do 28.6.2018, favorable á aprobación provisional da modificación (artigo 60.6 da LSG), e informe emitido o 19.9.2018 polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, en materia de costas.

10. O 3.7.2018 a modificación puntual foi aprobada provisionalmente por acordo do Concello Pleno.

II. Obxecto e descrición do proxecto.

A modificación ten por obxecto a adaptación das delimitacións do solo rústico de protección de costas e do solo de núcleo rural de Imo ao disposto na LSG e no Plan de ordenación do litoral de Galicia, aprobado polo Decreto 20/2011, do 10 de febreiro (POL).

A proposta supón a redución do solo rústico de protección de costas que, mantendo a clasificación como solo rústico, se categoriza como corresponde legalmente (protección agropecuaria, forestal ou das augas). Polo que respecta ao contorno do núcleo rural de Imo, a súa delimitación amplíase para recoller as vivendas pertencentes a este.

III. Análise e consideracións.

Analizado o documento aprobado provisionalmente o 3.7.2018, e en relación coas observacións formuladas pola SXOTU do 11.7.2016 e as alteracións que o proxecto supón respecto do borrador daquela presentado, cómpre sinalar:

a) Razóns de interese público da modificación (artigo 83.1 da LSG): as razóns expostas na modificación, sustentadas na adecuación do planeamento á lexislación vixente, poden considerarse como de interese público para a formulación da modificación puntual do planeamento xeral.

b) Respecto das novas categorizacións do solo rústico, constan os correspondentes informes sectoriais favorables. Canto á nova delimitación do núcleo de Imo, no documento xustifícase unha consolidación edificatoria suficiente segundo a aplicación do método gráfico recollido no artigo 35 do RLSG.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dunha modificación puntual de planeamento xeral corresponde á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de conformidade co disposto nos artigos 60, 61.1, 83.5 da LSG e no artigo 146.1 e 200.5 do RLSG en relación co Decreto 88/2018, do 26 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; e nos artigos 1 e 4 do Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da CMAOT, en relación coa disposición transitoria segunda do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, modificado parcialmente polo Decreto 106/2018, do 4 de outubro.

IV. Resolución.

En consecuencia, e visto o que antecede,

RESOLVO:

1. Outorgar a aprobación definitiva á modificación puntual do PXOM de Dodro, no solo rústico de protección de costas e no núcleo rural de Imo.

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a modificación puntual do PXOM de Dodro no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

3. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas do PXOM aprobado definitivamente, unha vez inscrita a modificación puntual do PXOM no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

4. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2018

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda