Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2019 Páx. 3361

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 138/2018).

Eu, Rafael González Aliou, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento co número DSP 138/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra María Latas Fariñas contra a entidade Astrum Aurum, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Estimando a demanda formulada por Sandra María Latas Fariñas contra a empresa Austrum Aurum, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento da demandante con efectos do 2 de febreiro de 2018 e condeno a empresa demandada, a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade de 6.246,80 euros, sen salarios de tramitación, pondo en coñecemento do xulgado, no prazo antes devandito, se optan ou non pola readmisión. En caso que se opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, a razón de 27 euros diarios que lle corresponden por xornada reducida, segundo a última nómina. Todo isto, sen prexuízo da responsabilidade que ao Fondo de Garantía Salarial corresponda asumir dentro dos límites legais.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que non é firme, xa que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e, neste caso, débese anunciar o propósito de facelo dentro dos cinco días seguintes á notificación, por conduto deste xulgado, para o cal chega coa mera manifestación da parte ou do seu avogado ou representante, ao facerlle a notificación da sentenza, do seu propósito de establecer o recurso, que tamén se pode anunciar por comparecencia ou por escrito das partes ou do seu avogado ou representante ante este xulgado e, no indicado prazo e, se for a empresa demandada quen o fixer, acreditando, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado do social na entidade Banco Santander (antes Banesto), oficina principal. cta. núm. 2322 0000 60 013818. A consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario en que conste a responsabilidade solidaria do avalista. Así mesmo, se for a empresa demandada quen tentar interpor o recurso de suplicación, o recorrente deberá consignar o depósito de 300,00 euros na conta corrente denominada “recurso de suplicación” que, co número 2322 0000 65 013818, mantén este xulgado do social na mesma entidade bancaria, e entregar na secretaría do xulgado o correspondente comprobante ao tempo de interpor o recurso de suplicación.

Advírtese, ademais, ás partes que deberán facer constar nos escritos de interposición do recurso e de impugnación, se for o caso, un domicilio na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para efectos de notificacións, dando cumprimento ao disposto no artigo 198 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos».

E para que sirva de notificación en forma a Astrum Aurum, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 14 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza