Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2019 Páx. 3358

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (DOI 439/2017).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 439/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de la Encarnación Lamas Traba contra Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Fogasa, administrador concursal de Confecciones Deus, S.L., administrador concursal de Deus Creaciones, S.L., administrador concursal de Costura Invisible, S.L., administradora concursal de Confección Ideal, S.L. (Ana María Barreiro Martínez), administrador concursal de Shivshi, S.L., administrador concursal de Plataforma Costurera, S.L., administrador concursal de Confecciones Fraga, S.L., administador concursal de Gaviota Textil, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Perseo Textil, S.L., sobre despedimento, se ditou a Resolución do 11 de decembro de 2018 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deux Deluxe, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Perseo Textil, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de decembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza