Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2019 Páx. 3359

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 754/2018).

Eu, María Jesús Hernando Areas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despido/cesamentos en xeral 754/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Fernández Cancela contra Construcciones y Derivados Altobello, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza coa seguinte parte dispositiva:

Decido que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de despedimento, foi interposta por Javier Fernández Cancela contra a entidade Construcciones y Derivados Altobello, S.L., en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto con efectos do 4 de setembro de 2018, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data do despedimento (4 de setembro de 2018), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Construcciones y Derivados Altobello, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 1.911,89 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones y Derivados Altobello, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza