Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2019 Páx. 2366

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 25 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada 2017-IPPC-44-319 para a ampliación dunha explotación avícola de recría de reprodutoras e galos en Texós, no concello de Baltar (Ourense). Titular: Cooperativa A Ponte, S.C.G.

De conformidade co disposto no artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro) e co artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: ampliación dunha explotación avícola de recría de galiñas reprodutoras e galos en Texós

Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental

Titular: Sociedad Cooperativa A Ponte, S.C.G

Expediente: 2017-IPPC-I-44

Localización: lugar dos Pozos, parroquia de Texós, concello de Baltar (Ourense)

Data: 24.10.2018

Esta resolución poderá consultarse en http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático