Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2019 Páx. 2364

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (procedemento ordinario 509/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 509/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Arca Rodríguez contra Star Black Café, S.C., Verónica Fernández González e Miguel Ángel Giachello e o Fogasa sobre reclamación de cantidade acordouse citar a Star Black Café, S.C., Verónica Fernández González e Miguel Ángel Giachello, en paradoiro descoñecido, para que comparezan na sala de vistas deste xulgado do social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 21 de xaneiro de 2019, ás 11.55 e 12.00 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, no seu caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta.

Advírtese aos destinatarios de que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, poñerán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Star Black Café, S.C., Verónica Fernández González e Miguel Ángel Giachello, así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza