Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2019 Páx. 2367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 6 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade das resolucións polas que se outorgaron autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade ás seguintes resolucións:

Proxecto: explotación avícola intensiva para 52.920 galiñas reprodutoras

Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental

Titular: Sociedad Cooperativa Unimiño, S.C.G.

Expediente: 2017-IPPC-I-8

Localización: Friol (Lugo)

Data: 24.8.2018

Proxecto: ampliación de explotación de galiñas poñedoras campeiras

Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental

Titular: Ovos Xalo, S.C.

Expediente: 2017-IPPC-I-55

Localización: Curtis (A Coruña)

Data: 24.8.2018

Proxecto: ampliación de explotación avícola de engorde de polos

Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental

Titular: Agrícola Gandeira Aguiar, S.C.

Expediente: 2017-IPPC-M-71

Localización: Sarreaus (Ourense)

Data: 4.10.2018

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático