Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2019 Páx. 1736

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (841/2017 F).

XVH. Xuízo verbal (desafiuzamento precario) 841/2017 F

Procedemento de orixe: xuízo verbal de desafiuzamento 841/2017

Sobre desafiuzamento en precario

Demandante: Sabadell Real Estate Development, S.L.

Procuradora: Carmen Belo González

Avogado: Sergio Nebril Fernández

Demandado/s: ignorados ocupantes de rúa Marconi, 18, esc. 1, 2º A (A Coruña)

Eu, Mónica Loura López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, anuncio que neste procedemento de xuízo verbal de desafiuzamento precario 841/2017 F, seguido por instancia de Sabadell Real Estate Development, S.L. contra ocupantes descoñecidos de rúa Marconi, 18, esc. 1, 2º A (A Coruña), foi ditada a sentenza do 23 de novembro de 2018.

E atopándose os ignorados ocupantes de rúa Marconi, 18, esc. 1, 2º A (A Coruña), en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que sirva de notificación en forma a estes e indícase que os interesados poderán dirixirse a esta oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, en que se tramita o procedemento, a fin de teren coñecemento íntegro do acto.

Así mesmo, faise constar que contra a dita resolución cabe interpor recurso de apelación nos vinte días seguintes á súa notificación, ante este mesmo xulgado.

A Coruña, 23 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza