Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2019 Páx. 1737

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (558/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número 558/2016 por instancia de Sabrina Paula Brieba contra a empresa Bodaño y Pascual Asociados, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza en data 20.11.2018, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido:

Que se estima a demanda formulada por Sabrina Paula Brieba fronte á empresa Bodaño y Pascual Asociados, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia condénase a empresa Bodaño y Pascual Asociados, S.L., a aboar á demandante a cantidade de dous mil cincocentos setenta e dous euros (2.572,13 euros) máis os xuros legais».

Notifíquese esta resolución ás partes e fagáselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Bodaño e Pascual Asociados, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza