Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2019 Páx. 1529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 5 de decembro de 2018, polo que se aproba definitivamente o proxecto do parque eólico A Pastoriza como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, así como das disposicións normativas contidas no mencionado proxecto.

En cumprimento do disposto no artigo 13.5 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 5 de decembro de 2018, cuxa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Proxecto Sectorial Parque Eólico A Pastoriza, promovido por Norvento Estelo, S.L.U.

Segundo. De conformidade co contido do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997 polo que se aproba o Plan eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, modificado mediante o acordo do 5 de decembro de 2002, o planeamento nos concellos de Mondoñedo, A Pastoriza e Riotorto queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

De conformidade co artigo 4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, publícanse como anexo a esta resolución as disposicións normativas do proxecto sectorial denominado parque eólico A Pastoriza.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Disposicións normativas do proxecto sectorial

1. Relación co planeamento urbanístico local vixente e proposta de modificación.

A infraestrutura do parque eólico A Pastoriza sitúase en tres concellos: Mondoñedo, A Pastoriza e Riotorto. A continuación, analízase a relación coa normativa urbanística vixente.

En virtude do disposto na Lei 2/2016, do solo de Galicia, a nova categoría de solo rústico proposta no presente documento superpoñerase, sen desprazala, sobre a que teñen os terreos nos planeamentos para o solo rústico de especial protección, prevalecendo a que outorgue maior protección.

1.1. Relación co planeamento muncipal do municipio de Mondoñedo.

1.1.1. Adecuación ao planeamento municipal de Mondoñedo.

A infraestrutura asociada ao parque eólico conta cos elementos relacionados a continuación no concello de Mondoñedo, segundo os límites establecidos pola cartografía 1:5.000 da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda: viarios, gabias de canalizacións e parte das plataformas do aeroxeradores PS12 e PS02.

A superficie de afección urbanístico-territorial derivada dos distintos elementos do parque situados no concello de Mondoñedo é de 22,2 ha, o que supón a 16,8 % da área de afección urbanístico-territorial total de 132,2 ha.

O municipio de Mondoñedo dispón de Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) aprobado o 13 de xuño de 2016 o cal cualifica á zona afectada pola implantación do parque eólico como: solo rústico de protección agrícola, solo rústico de protección de infraestruturas e solo rústico de protección forestal.

O Plan xeral de ordenación municipal de Mondoñedo, aprobado o 13 de xuño de 2016, finalizou a súa tramitación de acordo co disposto na Lei 9/2002. Debido a que se trata de plan non adaptado á Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aos terreos afectados polo parque eólico aplicaráselles o réxime disposto na disposición transitoria primeira da devandita lei.

De conformidade co previsto na disposición transitoria primeira da Lei 2/2016, do solo de Galicia: réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado e aos municipios sen planeamento (desenvolvida pola disposición transitoria segunda do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016), ao solo rústico, aplicaráselle o disposto na Lei 2/2016 para solo rústico, mantendo, en todo caso, a vixencia das categorías de solo recollidas no planeamento respectivo.

A Lei 2/2016, no seu artigo 35 regula os usos e actividades posibles no solo rústico. Entre estes inclúense os recollidos no punto:

«m) Instalacións e infraestruturas hidráulicas, de telecomunicacións, produción e transporte de enerxía, gas, abastecemento de auga, saneamento e xestión e tratamento de residuos, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren».

O parque eólico obxecto de estudo, concibido como instalación de produción de enerxía, atópase entre os usos relacionados no citado punto.

Os devanditos usos, segundo o artigo 36 da Lei 2/2016, son admisibles en calquera categoría de solo rústico, sen prexuízo do disposto nos instrumentos de ordenación do territorio e, se é o caso, logo de obtención do título habilitante municipal de natureza urbanística.

1.1.2. Proposta de modificacións do planeamento municipal de Mondoñedo.

Considérase conveniente propoñer modificacións da normativa urbanística vixente no municipio de Mondoñedo para compatibilizar o parque eólico A Pastoriza cos usos de solo previstos nela, debido a que existen elementos que poden condicionar aspectos deste proxecto.

Cando se modifique ou revise o planeamento do termo municipal de Mondoñedo ou se adapte á Lei do solo, incluiranse as delimitacións sinaladas na documentación gráfica do presente proxecto, cualificándoas como solo rústico de protección de infraestruturas.

En atención ao disposto no artigo 34.4 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o ámbito no que se considerará o novo réxime de solo rústico de especial protección de infraestruturas proposto superpoñerase complementariamente aos das outras categorías de solo rústico que concorran, cualificándoo como solo rústico de protección de infraestruturas. A dita cualificación recóllese na documentación gráfica do presente proxecto.

Resultará de aplicación a seguinte normativa:

1. Ámbito e licenzas.

Comprende esta categoría de solos a zona delimitada pola poligonal incluída na documentación gráfica do presente proxecto, destinada á instalación de infraestruturas enerxéticas vinculadas á utilización do recurso natural: vento.

A zona de afección urbanístico-territorial do parque eólico A Pastoriza, no Concello de Mondoñedo é de 22,2 ha.

2. Condicións de uso.

Os usos citados destinados á instalación de infraestruturas enerxéticas vinculadas á utilización do recurso natural vento, para poder implantarse nesta categoría de solo, deberán contar ademais de coa correspondente declaración de impacto ambiental de acordo co previsto na lexislación ambiental vixente, coa aprobación do correspondente proxecto sectorial.

Usos permitidos: nesta categoría de solo queda permitido a localización das infraestruturas e as súas zonas de afección destinadas ao aproveitamento do vento como recurso natural para a produción de enerxía (parques eólicos), así como os usos agrícolas e gandeiros sen máis limitación que a necesaria protección das infraestruturas enerxéticas establecida nas zonas de afección.

3. Limitacións de uso.

As áreas de pleno dominio defínense como aquelas áreas que, tras a construción do parque, non poderán ser utilizadas polos propietarios dos terreos. É o caso dos terreos afectados polos aeroxeradores, polas antenas meteorolóxicas e polas súas correspondentes plataformas.

As áreas en réxime de servidume, caso das zonas correspondentes aos viarios, ao voo dos aeroxeradores (entendido este como a zona comprendida dentro do diámetro de cada un dos aeroxeradores), e ás gabias de cableado, teñen as seguintes limitacións ao dominio:

1º. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares, así como plantar árbores e arbustos.

2º. Prohibición de efectuar calquera tipo de obras ou efectuar algún acto que puidese danar ou prexudicar ao bo funcionamento das instalacións.

3º. Manter, renovar ou reparar as instalacións.

4º. Prohibición de levantar edificacións nas zonas de afección dos aeroxeradores.

Na zona de protección eólica (terreo protexido para permitir a libre circulación do aire nas proximidades do aeroxerador), poderanse realizar actividades agrícolas ou gandeiras, pero non actividades forestais a condición de que o arboredo supere unha altura equivalente ao 20 % da altura da buxa. Prohíbese calquera outra actividade que impida a circulación do vento nesa zona, nin situar obstáculos de altura superior ao 20 % da altura da buxa.

No resto dos terreos poderán manterse os usos actuais.

1.2. Relación co planeamento municipal do concello da Pastoriza.

1.2.1. Adecuación ao planeamento municipal da Pastoriza.

A infraestrutura asociada ao parque eólico conta cos elementos relacionados a continuación situados no concello da Pastoriza: un aeroxerador (PS13), viarios e gabias de canalización.

A superficie de afección urbanístico-territorial derivada dos elementos do parque eólico situados no termo municipal da Pastoriza é de 16,7 ha, o que supón a 12,6 % da área de afección urbanístico-territorial total.

O concello da Pastoriza dispón de Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) aprobado o 9 de agosto de 2013, o cal cualifica a zona afectada pola implantación do parque eólico como: solo rústico de protección forestal produtivo, solo rústico de protección forestal conservativo e solo rústico de protección agropecuaria.

De conformidade co previsto na disposición transitoria primeira da Lei 2/2016, do solo de Galicia: réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado e aos municipios sen planeamento (desenvolvida pola disposición transitoria segunda do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016) para os municipios con planeamento urbanístico aprobado definitivamente con anterioridade á entrada en vigor da presente lei e adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (que é o caso da Pastoriza), ao solo rústico, aplicaráselle o disposto na Lei 2/2016, para solo rústico, mantendo, en todo caso, a vixencia das categorías de solo recollidas no plan respectivo.

A Lei 2/2016, no seu artigo 35 regula os usos e actividades posibles no solo rústico. Entre os mesmos inclúense os recollidos no punto:

«m) Instalacións e infraestruturas hidráulicas, de telecomunicacións, produción e transporte de enerxía, gas, abastecemento de auga, saneamento e xestión e tratamento de residuos, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren».

O parque eólico obxecto de estudo, concibido como instalación de produción de enerxía, atópase entre os usos relacionados no citado punto.

Os devanditos usos, segundo o artigo 36 da Lei 2/2016, son admisibles en calquera categoría de solo rústico, sen prexuízo do disposto nos instrumentos de ordenación do territorio e, se é o caso, logo de obtención do título habilitante municipal de natureza urbanística.

1.2.2. Proposta de modificacións do planeamento municipal da Pastoriza.

Considérase conveniente propoñer modificacións da normativa urbanística vixente no municipio da Pastoriza para compatibilizar o parque eólico A Pastoriza cos usos de solo previstos nesta, debido a que existen elementos que poden condicionar aspectos do presente proxecto.

Cando se modifique ou revise o planeamento do termo municipal da Pastoriza, ou se adapte á lei do solo, incluiranse as delimitacións sinaladas na documentación gráfica do presente proxecto, cualificándoas como solo rústico de protección de infraestruturas.

En atención ao disposto no artigo 34.4 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o ámbito no que se considerará o novo réxime de solo rústico de especial protección de infraestruturas proposto superpoñerase complementariamente aos das outras categorías de solo rústico que concorran.

Deste xeito, atendendo á cualificación actual do solo segundo o planeamento da Pastoriza, e tendo en conta as características e uso actual dos terreos afectados, segundo o artigo 34 da Lei 2/2016, cabe cualificar ao solo rústico afectado neste municipio como solo rústico de protección agropecuaria e solo rústico de protección forestal (categoría de solo á que equivalería a cualificada como «solo rústico de protección forestal produtivo» e «solo rústico de protección forestal conservativo» polo PXOM da Pastoriza). Dita cualificación recóllese na documentación gráfica do presente proxecto.

1. Ámbito e licenzas.

Comprende esta categoría de solos a zona delimitada pola poligonal incluída na documentación gráfica do presente proxecto, destinada á instalación de infraestruturas enerxéticas vinculadas á utilización do recurso natural: vento.

A zona de afección urbanístico-territorial do parque eólico A Pastoriza, no concello da Pastoriza é de 16,7 ha.

2. Condicións de uso.

Os usos citados destinados á instalación de infraestruturas enerxéticas vinculadas á utilización do recurso natural vento, para poder implantarse nesta categoría de solo, deberán contar ademais de coa correspondente declaración de impacto ambiental de acordo co previsto na lexislación ambiental vixente, coa aprobación do correspondente proxecto sectorial.

Usos permitidos: nesta categoría de solo queda permitido o emprazamento das infraestruturas e as súas zonas de afección destinadas ao aproveitamento do vento como recurso natural para a produción de enerxía (parques eólicos), así como os usos agrícolas e gandeiros sen máis limitación que a necesaria protección das infraestruturas enerxéticas establecida nas zonas de afección.

3. Limitacións de uso.

As áreas de pleno dominio defínense como aquelas áreas que tras a construción do parque non poderán ser utilizadas polos propietarios dos terreos. É o caso dos terreos afectados polos aeroxeradores, polas antenas meteorolóxicas e polas súas correspondentes plataformas.

As áreas en réxime de servidume, caso das zonas correspondentes aos viarios, ao voo dos aeroxeradores (entendido este como a zona comprendida dentro do diámetro de cada un dos aeroxeradores), e ás gabias de cableado teñen as seguintes limitacións ao dominio:

1º. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares, así como plantar árbores e arbustos.

2º. Prohibición de efectuar calquera tipo de obras ou efectuar algún acto que puidese danar ou prexudicar ao bo funcionamento das instalacións.

3º. Manter, renovar ou reparar as instalacións.

4º. Prohibición de levantar edificacións nas zonas de afección dos aeroxeradores.

Na zona de protección eólica (terreo protexido para permitir a libre circulación do aire nas proximidades do aeroxerador), poderanse realizar actividades agrícolas ou gandeiras, pero non actividades forestais a condición de que o arboredo supere unha altura equivalente ao 20 % da altura da buxa. Prohíbese calquera outra actividade que impida a circulación do vento nesa zona, nin situar obstáculos de altura superior ao 20 % da altura do buxa.

No resto dos terreos poderán manterse os usos actuais.

1.3. Relación co planeamento muncipal de Riotorto.

1.3.1. Adecuación ao planeamento municipal de Riotorto.

A infraestrutura asociada ao parque eólico conta cos elementos relacionados a continuación emprazados no concello de Riotorto, segundo os límites establecidos pola cartografía 1:5.000 da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda: 9 aeroxeradores coas súas respectivas plataformas, viarios e gabias de canalización, zona de provisión de material e dúas antenas meteorolóxicas.

A superficie de afección urbanístico-territorial derivada dos elementos do parque eólico situados no concello de Riotorto é de 93,3 ha, o que supón o 70,6 % da área de afección urbanístico-territorial total, de 132,2 ha.

O municipio de Riotorto non dispón de instrumento de planeamento, senón que conta con delimitación de solo urbano (D.S.U.), con data de aprobación do 13 de marzo de 1986.

De conformidade co previsto na disposición transitoria primeira da Lei 2/2016, do solo de Galicia: réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado e aos municipios sen planeamento (desenvolvida pola disposición transitoria segunda do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, para os municipios sen plan xeral (caso de Riotorto) aplicarase o réxime de solo rústico establecido na devandita lei.

Polas súas características de uso, o solo afectado polo proxecto no termo municipal de Riotorto, segundo o artigo 34, solo rústico de especial protección, da Lei 2/2016 cabe cualificarse como: solo rústico de protección agropecuaria, solo rústico de protección forestal e solo rústico de protección de infraestruturas.

A Lei 2/2016, no seu artigo 35 regula os usos e actividades posibles no solo rústico. Entre os mesmos inclúense os recollidos no punto:

«m) Instalacións e infraestruturas hidráulicas, de telecomunicacións, produción e transporte de enerxía, gas, abastecemento de auga, saneamento e xestión e tratamento de residuos, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren».

O parque eólico obxecto de estudo, concibido como instalación de produción de enerxía, atópase entre os usos relacionados no citado punto.

Os devanditos usos, segundo o artigo 36 da Lei 2/2016, son admisibles en calquera categoría de solo rústico, sen prexuízo do disposto nos instrumentos de ordenación do territorio e, se é o caso, logo de obtención do título habilitante municipal de natureza urbanística.

1.3.2. Proposta de modificacións do planeamento municipal de Riotorto.

Considérase conveniente propoñer modificacións da normativa urbanística vixente no municipio de Riotorto para compatibilizar o parque eólico A Pastoriza cos usos de solo previstos nela, debido a que existen elementos que poden condicionar aspectos do presente proxecto.

Cando se modifique ou revise o planeamento do termo municipal de Riotorto, ou se adapte á Lei do solo, incluiranse as delimitacións sinaladas na documentación gráfica do presente proxecto, cualificándoas como solo rústico de protección de infraestruturas.

En atención ao disposto no artigo 34.4 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o ámbito no que se considerará o novo réxime de solo rústico de especial protección de infraestruturas proposto superpoñerase complementariamente aos das outras categorías de solo rústico que concorran.

Deste xeito, atendendo ás características e uso actual dos terreos afectados no municipio de Riotorto, segundo o artigo 34 da Lei 2/2016, cabe cualificar ao solo rústico afectado neste municipio como solo rústico de protección de infraestruturas, solo rústico de protección forestal e solo rústico de protección agropecuaria. A dita cualificación recóllese na documentación gráfica do presente proxecto.

Resultará de aplicación a seguinte normativa:

1. Ámbito e licenzas.

Comprende esta categoría de solos a zona delimitada pola poligonal incluída na documentación gráfica do presente proxecto, destinada á instalación de infraestruturas enerxéticas vinculadas á utilización do recurso natural: vento.

A zona de afección urbanístico-territorial do parque eólico A Pastoriza, no concello de Riotorto é de 93,3 ha.

2. Condicións de uso.

Os usos citados destinados á instalación de infraestruturas enerxéticas vinculadas á utilización do recurso natural vento, para poder implantarse nesta categoría de solo, deberán contar ademais de coa correspondente declaración de impacto ambiental de acordo co previsto na lexislación ambiental vixente, coa aprobación do correspondente proxecto sectorial.

Usos permitidos: nesta categoría de solo queda permitido o emprazamento das infraestruturas e as súas zonas de afección destinadas ao aproveitamento do vento como recurso natural para a produción de enerxía (parques eólicos), así como os usos agrícolas e gandeiros sen máis limitación que a necesaria protección das infraestruturas enerxéticas establecida nas zonas de afección.

3. Limitacións de uso.

As áreas de pleno dominio defínense como aquelas áreas que tras a construción do parque non poderán ser utilizadas polos propietarios dos terreos. É o caso dos terreos afectados polos dez aeroxeradores e as súas correspondentes plataformas, as antenas meteorolóxicas.

As áreas en réxime de servidume, caso das zonas correspondentes aos viarios, ao voo dos aeroxeradores (entendido este como a zona comprendida dentro do diámetro de cada un dos aeroxeradores), e ás gabias de cableado teñen as seguintes limitacións ao dominio:

1º. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares, así como plantar árbores e arbustos.

2º. Prohibición de efectuar calquera tipo de obras ou efectuar acto algún que puidese danar ou prexudicar ao bo funcionamento das instalacións.

3º. Manter, renovar ou reparar as instalacións.

4º. Prohibición de levantar edificacións nas zonas de afección dos aeroxeradores.

Na zona de protección eólica (terreo protexido para permitir a libre circulación do aire nas proximidades do aeroxerador) poderanse realizar actividades agrícolas ou gandeiras, pero non actividades forestais a condición de que o arboredo supere unha altura equivalente ao 20 % da altura da buxa. Prohíbese calquera outra actividade que impida a circulación do vento nesa zona, nin situar obstáculos de altura superior ao 20 % da altura da buxa.

No resto dos terreos poderán manterse os usos actuais.

1.4. Prazo.

A adecuación do planeamento urbanístico municipal vixente ao proxecto sectorial deberá realizarse con:

• A revisión do planeamento urbanístico municipal vixente.

• A adaptación do planeamento á Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

1.5. Eficacia.

De acordo co establecido no artigo 11 do Decreto 80/2000, a aprobación definitiva do proxecto sectorial polo Consello da Xunta, seguindo o procedemento establecido no artigo 25 da Lei 10/1995, á marxe de cando se adecúe o planeamento municipal, implica que as súas determinacións terán forza vinculante para as administracións públicas e particulares e prevalecerán sobre as determinacións do planeamento urbanístico vixente.