Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2019 Páx. 1176

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 17 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código IN417Y).

BDNS (identif.): 433029.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases:

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector servizos ou na industria. Para os efectos destas bases, defínese empresa conforme o recollido no artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.

Consideraranse sector servizos as actividades incluídas nas seccións G, H, I, J, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Dentro do sector industria serán subvencionables as empresas incluídas na sección B, C ou D do CNAE 2009, coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.

Tamén serán subvencionables as actividades recollidas no IAE que se correspondan con estas seccións do CNAE 2009.

b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e cando o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo nos cales se actúe deben estar situados en Galicia, corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas na letra a) deste artigo e amparadas polo Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, e polo Regulamento 1388/2014 no caso de pemes dedicadas a transformación ou comercialización de produtos da pesca e da acuicultura.

Segundo. Obxecto

A realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industria e servizos.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 17 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código IN417Y).

Cuarto. Contía

1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega para o exercicio 2019 e imputaranse á aplicación orzamentaria 09.A2.733A.770.0.

O crédito máximo, segundo a tipoloxía de proxecto e tipo de solicitante, será o seguinte:

Distribución por liña de axuda

Total (€)

AE-Auditorías enerxéticas

100.000,00

SX-Implantación sistemas de xestión

100.000,00

PAEI-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial

3.064.249,00

PAES-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector servizos

500.000,00

Total

3.764.249,00

O crédito máximo recollido na táboa anterior poderá ser redistribuído se nalgunha das epígrafes non se rexistran solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles ou a calidade dos proxectos solicitados non acada unha puntuación mínima por debaixo da cal a comisión de valoración considera inadecuado conceder a subvención.

2. A contía da subvención será do 35 % do custo elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 15 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

3. Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima por proxecto de 100.000 euros. Poderase aumentar a axuda máxima por proxecto ata 1.000.000 de euros naquelas actuacións que en fase de solicitude xustifiquen a consecución de elevados niveis de aforro enerxético. Na seguinte táboa establécese o valor máximo de axuda en función do aforro enerxético anual xustificado.

Aforro enerxético anual

Axuda máxima (€)

AE < 100 tep/ano

100.000

AE ≥ 100 tep/ano

1.000 × AE

Onde AE = aforro enerxético anual en (tep/ano) xustificado en fase solicitude

No caso de que a axuda que se vaia conceder veña limitada pola axuda máxima indicada no parágrafo anterior, o custo elixible limitarase dividindo a axuda máxima entre a intensidade de axuda que corresponda ao solicitante.

No caso de proxectos de pemes dedicadas a transformación ou comercialización de produtos da pesca e da acuicultura, ademais dos límites máximos de axuda indicados anteriormente establécese un limiar de investimento máximo por proxecto de 2 millóns de euros e o conxunto de axudas totais concedidas á empresa por calquera Administración ao abeiro do Regulamento 1388/2014 non poderá exceder 1 millón de euros por beneficiario e ano.

4. No caso de auditorías enerxéticas e de implantación de sistemas de xestión, o importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, de 100.000 euros cando se trate de empresas de transportes de mercadoría por estrada por conta allea, de 30.000 euros para empresas do sector da pesca e da acuicultura

No resto dos caso, a axuda máxima por empresa beneficiaria no conxunto da convocatoria será de 1.000.000 de euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte a aquel en que se publiquen as presentes bases no Diario Oficial de Galicia.

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia