Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2019 Páx. 1263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se acorda publicar a Resolución do 27 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, sobre cesión de terras sobrantes na zona de concentración parcelaria de Fanoi (Abadín-Lugo) ao Concello de Abadín.

O acordo da zona de concentración parcelaria de Fanoi (Abadín-Lugo) foi aprobado pola dirección xeral competente na materia con data do 14 de decembro de 2007, e foi notificado e publicado na forma legalmente prevista. Na actualidade atópase pendente de declaración de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Abadín solicitou a cesión da titularidade dos seguintes predios do Fondo de Terras para os fins que se indican:

• Predio nº 187 para dedicalo a aparcadoiro.

• Predio nº 193-2 para actividades culturais e deportivas e aparcadoiro.

• Predio nº 484 para área recreativa.

Vista a proposta da Xunta Local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973, a disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Dado o destino para os cales se solicitan os referidos predios, e respecto dos que son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral

RESOLVE:

1. Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Fanoi (Abadín-Lugo) e adxudicar ao Concello de Abadín a titularidade dos predios nº 187, 193-2 e 484 -que causan baixa no Fondo de Terras da zona- para seren destinados aos fins que se determinan na parte expositiva.

Estes predios foron obxecto de revisión para a súa coordinación entre os seus datos alfanuméricos e gráficos. A cesión levouse a cabo coas seguintes superficies e valores:

• Predio nº 187 con 4.624 m2 e 405.140 puntos.

• Predio nº 93-2 con 5.389 m2 e 431.120 puntos.

• Predio nº 484 con 475 m2 e 47.500 puntos.

2. Transcorridos cinco anos dende a cesión das propiedades sen que os predios fosen destinados aos fins para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá sobre o Fondo de Terras da zona, o patrimonio da Comunidade Autónoma, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou outra entidade que corresponda, segundo o caso.

Lugo, 13 de decembro de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo