Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2019 Páx. 1236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de decembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Paradela, situado no concello de Paradela (Lugo) e promovido pola sociedade Paravento, S.L. (expediente 104 EOL).

En cumprimento do disposto no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de decembro de 2018, polo que se declara de utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Paradela, situado no concello de Paradela (Lugo) e promovido pola sociedade Paravento, S.L. (expediente 104 EOL).

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de decembro de 2018, polo que se declara de utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Paradela, situado no concello de Paradela (Lugo) e promovido pola sociedade Paravento, S.L. (expediente 104 EOL).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Paravento, S.L. (en diante a promotora) en relación coa declaración de utilidade pública do proxecto do parque eólico Paradela, constan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Por Resolución do 6 de maio de 2004 pola que se publica a relación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos admitidas a trámite ao abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2004 (DOG núm. 18, do 28 de xaneiro), a Consellería de Innovación, Industria e Comercio resolveu admitir a trámite o parque eólico Paradela para unha potencia máxima de 13,2 MW (DOG núm. 100, do 26 de maio).

Segundo. Con data do 25 de xuño de 2004, Rubén García González, que actúa en nome e representación de Paravento, S.L., presentou solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, declaración, en concreto, de utilidade pública e recoñecemento de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica das instalacións do parque eólico Paradela, para unha potencia total de 12 MW.

Terceiro. Por Resolución do 23 de setembro de 2004, da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo, someteuse a información pública o estudo ambiental, autorización, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico Paradela (DOG núm. 51, do 16 de marzo de 2005).

A dita resolución publicouse no BOE do 14.2.2005, no Diario Oficial de Galicia do 16.3.2005, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 15.2.2005 e no xornal El Progreso do 22.3.2005. Así mesmo, permaneceu exposta ao público no taboleiro de anuncios da delegación provincial de Lugo da Consellería de Innovación e Industria, da delegación provincial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e do Concello de Paradela.

Durante o período de información pública presentáronse alegacións sobre as cales a xefatura territorial informou o 1.9.2006.

A continuación resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública:

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados maioritariamente, en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, co tipo de aproveitamento, cos enderezos aos efectos de notificacións, etc.

– Relativas ao impacto visual e ambiental que a localización proxectada do parque eólico produciría sobre lugares da súa contorna que presentan relevantes valores naturais, paisaxísticos, patrimoniais e culturais.

– Sobre os posibles efectos nocivos sobre a saúde da poboación da zona producida pola liña de media tensión subterránea.

– Consideracións de que o estudo de impacto ambiental non tivo en conta os posibles efectos nocivos que, sobre os habitantes da zona, terán os campos electromagnéticos xerados polas liñas de media tensión soterradas e tampouco o ruído provocado polos aeroxeradores en funcionamento, polo que solicitan que, no caso de que finalmente se instale o parque eólico, se adopten as medidas necesarias para minimizar estes efectos nocivos, entre as cales se encontra, a criterio dos alegantes, apartar os aeroxeradores dos núcleos de poboación en, polo menos, un radio de dous quilómetros.

– Respecto á proximidade das instalacións do parque eólico ás vivendas ou aos núcleos rurais existentes na zona.

– En relación aos efectos nocivos que produciría o proxecto do parque eólico sobre o ambiente e a paisaxe, e que produciría un prexuízo sobre un establecemento de turismo rural. Entenden os alegantes que se dá o suposto de concorrencia de utilidades públicas, entre o seu establecemento hoteleiro e as instalacións do parque eólico, polo que solicitan que se abra peza separada en que se decida a compatibilidade das devanditas utilidades. Finalmente solicitan, no caso de que se implante o parque eólico, unha indemnización por danos e prexuízos.

– Desconformidade con que se considere a zona de voo dos aeroxeradores como de servidume para os efectos da expropiación.

– Relativa a que na relación de bens e dereitos afectados, non se inclúen as súas parcelas a pesar de estar dentro da superficie afectada polo proxecto sectorial do parque eólico.

– Da necesidade de seguir o trámite de compatibilidade de utilidades públicas para proceder á expropiación do monte veciñal afectado polo parque eólico.

– Antes de proceder ao levantamento de actas previas e á ocupación dos terreos afectados, deberá concretarse e individualizarse a superficie obxecto de ocupación e proceder a marcalas con estacas e á súa implantación. Ademais, a empresa beneficiaria, deberá remitir plano onde se concrete todo o expropiado e afectado.

– A empresa beneficiaria debe aboar, con anterioridade á ocupación, as perdas e danos ocasionados pola ocupación temporal dos terreos.

– A clasificación do solo que se expropie debe ser rústico de protección de infraestruturas, o que debe afectar á valoración da superficie que se expropie así como á non expropiada pero afectada pola devandita clasificación.

-– Alegacións en que se exixe da empresa beneficiaria compensación polos danos e prexuízos ocasionados durante a ocupación temporal dos terreos e alegacións referidas á valoración dos predios ou ás indemnizacións.

Cuarto. O 1 de decembro de 2006, a Sección de Minas da Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria de Lugo certifica que a superficie ocupada polo parque eólico Paradela non se encontra afectada por ningún dereito mineiro.

Quinto. Por Resolución do 26 de febreiro de 2007, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas publicou a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Paradela, formulada o 26 de xaneiro de 2007 pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (DOG núm. 50, do 12 de marzo).

Sexto. O 22.7.2009 a promotora, co fin de esgotar a vía da negociación cos propietarios dos terreos afectados polo parque eólico, solicitou continuar coa tramitación administrativa da autorización das instalacións, aprobación do proxecto de execución, aprobación do proxecto sectorial e recoñecemento de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica, e quedou pendente, de forma temporal, a declaración, en concreto, de utilidade pública do devandito parque eólico.

Sétimo. Por Resolución do 1 de setembro de 2009, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas autorizou as instalacións electromecánicas, aprobou o proxecto de execución e recoñeceu a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica as instalacións do proxecto do parque eólico Paradela, situado no concello de Paradela (Lugo) e promovido por Paravento, S.L. (DOG núm. 190, do 28 de setembro).

Oitavo. Con data do 6.7.2017, a promotora propuxo unha modificación do proxecto do parque eólico consistente no cambio do modelo de aeroxerador, coa presentación do documento Análisis ambiental comparado de alternativas. Parque eólico Paradela. Municipio de Paradela (Lugo). Junio 2017.

Noveno. O 28.9.2017, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental informou de que non existen obxeccións ao cambio solicitado pola empresa.

Décimo. Con data do 31.10.2017, Paravento, S.L. solicitou a aprobación da modificación da autorización administrativa de construción, a declaración, en concreto, de utilidade pública e a aprobación do proxecto sectorial das instalacións do parque eólico Paradela, e achegou o documento Proyecto técnico de parque eólico Paradela. Municipio de Paradela (Lugo).

Décimo primeiro. O 31.10.2017, 17.1.2018, 9.3.2018, e o 21.3.2018 a promotora presentou documentación relativa á solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico e conxuntamente declarou que a modificación proposta no proxecto de execución do parque eólico, en ningún caso produce afección a novas parcelas.

Décimo segundo. O 21.12.2017 o Consello da Xunta de Galicia declarou de interese especial o proxecto do parque eólico, consonte á disposición adicional primeira da Lei 8/2009, do 22 de decembro (DOG núm. 26, do 6 de febreiro de 2018).

Décimo terceiro. O 13.3.2018, a xefatura territorial emitiu informe actualizado sobre os dereitos mineiros existentes na área definida pola poligonal do parque eólico modificado. De acordo co citado informe, os dereitos mineiros outorgados no espazo proxectado para o parque eólico modificado, xa caducaron polo que non procede realizar tramite de compatibilidade algún.

Décimo cuarto. O 28.3.2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, notificou as persoas interesadas as modificacións introducidas na relación de bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico modificado.

Décimo quinto. O 5.4.2018, en aplicación do disposto no punto 3 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas acordou a apertura do trámite de audiencia outorgándolles aos titulares dos aproveitamentos forestais afectados un prazo de 15 días para que alegasen e presentasen os documentos e xustificacións que considerasen oportunos.

Décimo sexto. O 14.5.2018 Mercedes Cela Vila e Juan Perfecto Fernández López, presentaron no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia do Concello de Sarria alegacións con relación a:

– Os efectos nocivos que produciría o proxecto do parque eólico sobre as actividades económicas dos interesados ao ser substancialmente o mesmo proxecto que foi presentado inicialmente sen introducir efectos correctores, en particular para o establecemento de turismo rural e que deviría en antieconómica a actividade dos interesados.

– O impacto visual e ambiental que a localización proxectada do parque eólico produciría sobre lugares da súa contorna que presentan relevantes valores naturais, paisaxísticos, patrimoniais e culturais.

Décimo sétimo. O 18.7.2018, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo informou de que o proxecto sectorial do parque eólico cumpre os requisitos de distancias ás delimitacións do solo de núcleo rural, urbano ou urbanizable delimitado, establecidos no Plan sectorial eólico de Galicia.

Décimo octavo. Por Resolución do 1 de agosto de 2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas aprobou a modificación da autorización administrativa de construción para o proxecto técnico do parque eólico Paradela, situado no concello de Paradela (Lugo), e promovido por Paravento, S.L.

Décimo noveno. O 25.9.2018 o Servizo de Montes, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, informou sobre a compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos forestais do parque eólico de Paradela.

Vixésimo. O 1.10.2018, a promotora presentou documentación relativa á solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico.

Vixésimo primeiro. O 29.11.2018, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal informou, no marco do establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, que non existe obxección á declaración de prevalencia da utilidade pública do parque eólico modificado sobre o interese xeral dos montes veciñais en man común.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 45.6 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, e pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, consonte a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, visto o seu contido e as respostas efectuadas polo promotor, cómpre manifestar o seguinte:

1. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, cómpre indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas e corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a acreditación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (situación, extensión, tipo de aproveitamento,...).

2. No relativo ás alegacións de carácter ambiental, débese indicar que o proxecto conta coa declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 26 de xaneiro de 2007, que se fixo pública por Resolución do 26 de febreiro de 2007 da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas (DOG núm. 50, do 12 de marzo). Así mesmo, o informe emitido o 28.9.2017 pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que non existen obxeccións á modificación solicitada pola promotora.

3. No que respecta á proximidade do parque eólico a vivendas, hai que sinalar que as posicións dos aeroxeradores cumpren a distancia mínima de 500 metros ás delimitacións do solo de núcleo rural, urbano e urbanizable acorde ao Plan sectorial eólico de Galicia, tal e como se recollen no informe do 18.7.2018, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

4. En relación coa reclamación sobre os prexuízos xerados polo proxecto sobre un establecemento de turismo rural, non están previstas afeccións aos usos actuais máis alá das propias zonas de implantación das infraestruturas definidas no proxecto de execución. En todo caso, no que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre o promotor eólico e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable. En relación coa concorrencia de utilidades públicas entre o parque eólico e a casa de turismo rural, non se pode estudar a posibilidade de compatibilidade dado que o establecemento rural non conta coa declaración de utilidade pública.

5. A zona de voo dos aeroxeradores considérase unha servidume en tanto que non supón unha privación do dominio, senón unha limitación no seu uso.

6. En relación coas parcelas que hai que incluír na relación de bens e dereitos afectados, o artigo 44, da Lei 8/2009, especifica que a solicitude de declaración, en concreto, de utilidade pública incluirá a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos sobre os que non se obtivo un acordo cos seus titulares e sobre os que se considera necesaria a expropiación.

7. En relación coa alegación propia do trámite de compatibilidade entre o monte veciñal e o parque eólico, cómpre indicar que o 5.4.2018 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas acordou a apertura do trámite de audiencia aos titulares dos aproveitamentos forestais e, o 29.11.2018, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal emitiu o informe establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

8. En canto ás alegacións relativas ás actuacións que se levarán a cabo con anterioridade ao levantamento das actas previas á ocupación, estas deberán realizarse na fase correspondente do expediente. De calquera forma, o procedemento expropiador efectuarase de acordo co establecido no título II da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

9. No referente ao aboamento das indemnizacións previo á ocupación dos predios, cómpre indicar que a ocupación dos predios é unha fase posterior á declaración de utilidade pública, dentro do proceso de expropiación.

10. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das parcelas segundo a clasificación do solo, por non ser obxecto desta fase do expediente; corresponde esta valoración á fase de prezo xusto.

11. No que se refire ás alegacións en que se exixe da empresa beneficiaria compensación polos danos e perdas ocasionados durante a ocupación temporal dos terreos, cabe remitirse ao artigo 156 do Real decreto 1955/2000, que inclúe a devandita indemnización dentro da indemnización que se percibirá pola imposición das servidume temporais, polo que a determinación do seu importe corresponderá á fase de xustiprezo.

De acordo con todo o que antecede, proponse que no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopte o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Declarar de utilidade pública, en concreto, as instalacións do proxecto do parque eólico Paradela, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Segundo. Declarar a prevalencia da utilidade pública do parque eólico sobre o interese xeral dos aproveitamentos forestais afectados, en conformidade co informe da Dirección Xeral de Ordenación Forestal do 29.11.2018, ao que fai referencia o artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Paravento, S.L.

Domicilio: rúa Fernando Casas Novoa, 37 B-2º, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: parque eólico Paradela.

Potencia instalada: 12 MW.

Concello afectado: Paradela (Lugo).

Produción neta: 40,19 GWh/año.

Orzamento de execución material: 10.506.083,24 €.

– Coordenadas dos vértices da poligonal do parque eólico:

Vértice poligonal

Coordenadas UTM

(fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

A

618.073,19

4.734.748,15

617.948,6

4.734.533,9

B

615.516,88

4.734.748,15

615.392,2

4.734.533,9

C

614.634,96

4.733.049,40

614.510,3

4.732.835,1

D

614.160,60

4.731.016,85

614.035,9

4.730.802,6

E

619.000,16

4.731.000,04

618.875,5

4.730.785,8

F

619.000,00

4.732.000,00

618.875,4

4.731.785,8

– Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

(fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

A-1

617.100,5

4.732.828,5

616.975,9

4.732.614,3

A-2

617.279,8

4.732.684,4

617.155,2

4.732.470,2

A-3

617.562,7

4.732.482,0

617.438,1

4.732.267,8

A-4

617.700,1

4.732.297,5

617.575,5

4.732.083,3

A-5

617.884,7

4.732.160,3

617.760,1

4.731.946,1

A-6

618.089,3

4.732.055,2

617.964,7

4.731.841,0

– Coordenadas da torre meteorolóxica:

Torre
meteorolóxica

Coordenadas UTM

(fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

TM 1

617.792,37

4.732.228,91

617.667,8

4.732.014,6

Características técnicas das instalacións:

– 6 aeroxeradores Gamesa G114-2.0 de 2.000 kW de potencia nominal unitaria, 114 m de diámetro de rotor e 93 m de altura de buxa.

– 6 centros de transformación de 2.200 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 690V/30kV, instalados individualmente no interior da torre de cada aeroxerador cos correspondentes aparellos de manobra e protección.

– 1 torre meteorolóxica autoportante de 93 m de altura, equipadas con anemómetros, cataventos, medidor de temperatura, e logger rexistrador.

– Liñas eléctricas soterradas para interconexión dos aeroxeradores e para a evacuación de enerxía xerada, compostas por condutor unipolar de aluminio do tipo RH5Z1 18/30 kV e seccións 240, 500 e 630 mm2.

– Obra civil consistente en camiños de acceso a aeroxeradores, torre meteorolóxica, edificio de control, cimentacións e plataformas de aeroxeradores.

Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

ANEXO

1. Alegacións presentadas durante o período de información pública indicado no antecedente de feito terceiro:

Mercedes Cela Vila, o 20.9.2004; Manuel Arias López, o 15.11.2004; José Luis Arias López, como presidente do Monte en Man Común de Bosque y Sierra Lagüela, o 24.11 2004; Mercedes Cela Vila e Juan Perfecto Fernández López, o 26.11.2004; Luis Castro Veiga, José Manuel López López, Ramiro López Gallego, José López Armesto, Manuel Mourín Arias e Fidel López López, como integrantes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Andreade, Vilaragunte e Barán, o 13.1.2005; Mercedes López Arias, Amadeo Rodríguez González, Antonio Fernández Díaz e Luis Castro Veiga, o 21.4.2005; Mercedes Cela Vila e Juan Perfecto Fernández López, o 22.4.2005; Jesús Quiroga López, o 4.4.2005; José Manuel López López, como presidente do Monte Veciñal en Man común de bosque Serra Laguela, Cabaleirón e Gandarón, o 26.4.2005; Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Andreade, Vilaragunte e Barán, o 26.4.2005.