Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 969

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 235/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 235/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Miniño Santos contra a empresa José Ramón Collazo Yáñez, sobre despedimento, ditouse resolución, que é do seguinte teor literal:

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: Marina Pilar García de Evan.

En Santiago de Compostela o trece de decembro de dous mil dezaoito.

1. En virtude da comunicación presentada pola representación procesual da parte executante, déixase sen efecto o sinalamento efectuado neste procedemento para o día 17.1.2019, ás 9.25 horas, e sinálase novamente para que teña lugar o dito acto o próximo día 16.1.2019, ás 9.20 horas.

2. A parte executante e o Fogasa entenderanse citados coa notificación da presente resolución; en canto ao executado, tendo en conta de que non foi posible a notificación por correo certificado, procédese á súa citación mediante edictos.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a José Ramón Collazo Yáñez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza