Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 957

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro

EDICTO (159/2018).

Eu, Marina Sofía López Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro, polo presente anuncio

No presente procedemento seguido por instancia de María José Pigueiras Vázquez fronte a herdeiros descoñecidos e incertos de José Alonso Fernández, de Sergio Alonso Fernández, de Francisco Alonso Fernández, de María Alonso Fernández, de Manuel Alonso Fernández e de Concepción Alonso Fernández ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do seguinte teor literal:

«Sentenza.

Viveiro, 4 de decembro de 2018.

Vistos por min, Pablo Muñoz Vázquez, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 dos de Viveiro, os presentes autos de xuízo ordinario número 159/2018 en que foron partes como demandante María José Pigueiras Vázquez, representada pola procuradora dos tribunais María José Otero Rodríguez e asistida pola letrada Mercedes Rubal Díaz, e como demandados o Ministerio Fiscal e os descoñecidos e incertos herdeiros de José Alonso Fernández, Sergio Alonso Fernández, Francisco Alonso Fernández, María Alonso Fernández, Manuel Alonso Fernández e de Concepción Alonso Fernández, ditouse a seguinte sentenza con base nos seguintes:

Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais María José Otero Rodríguez, en nome e representación de María José Pernas Pigueiras, e por conseguinte acordo:

Primeiro. Debo declarar e declaro que María José Pernas Pigueiras e María Luisa Vázquez Pernas son propietarias por partes iguais do predio rexistral número 13.812, que figura no folio 48 do libro 174 do tomo 424 do Rexistro da Propiedade de Viveiro.

Segundo. Expídase o correspondente mandamento xudicial ao Rexistro da Propiedade de Viveiro para que inscriba o predio rexistral número 13.812, que figura no folio 48 do libro 174 do tomo 424, a nome de María José Pernas Pigueiras e de María Luisa Vázquez Pernas e practíquense as rectificacións das inscricións rexistrais contraditorias a esta declaración.

Terceiro. Impóñense as custas procesuais aos demandados.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta sentenza non é firme. Contra a presente resolución cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo.

Líbrese a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento, e lévese o orixinal ao libro da súa razón.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Igualmente, ditouse auto de rectificación, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Parte dispositiva.

Acordo rectificar o erro material detectado na resolución da sentenza ditada con data do 4 de decembro de 2018 nos seguintes termos, onde di: “María José Pernas Pigueiras”, debe dicir: “María José Pigueiras Vázquez”.

Modo de impugnación: contra esta resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución que aquí se aclara/engade.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O maxistrado

A letrada da Administración de xustiza».

Acordouse notificar a dita sentenza e auto de rectificación a herdeiros descoñecidos e incertos de José Alonso Fernández, de Sergio Alonso Fernández, de Francisco Alonso Fernández, de María Alonso Fernández, de Manuel Alonso Fernández e de Concepción Alonso Fernández, en paradoiro descoñecido, mediante edicto que se publicará no DOG, polo que se expide o presente co fin de que sirva de notificación en forma.

Viveiro, 12 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza