Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2019 Páx. 525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Miño (expediente IN407A 2017/153-1).

Expediente: IN407A 2017/153-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: modificado do recuamento da LMT na rúa Raxel, nº 18, pistas polideportivas (proxecto 2018).

Concello: Miño.

Feitos:

Primeiro. O 10 de outubro de 2018, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

Segundo. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceiro. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

Cuarto. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Segunda. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceira. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Cuarta. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Quinta. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

Sexta. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Séptima. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Retensado treito de liña eléctrica de media tensión aérea PED-705 (entre os apoios número 28 e número 28/1), a 15 kV, cunha lonxitude de 170 m, coa orixe no apoio número 28 existente da LMT PED-705 (expediente 33.232), no treito entre a derivada ao CT Bra Vivendas Sociais (expediente 349/2005) e a derivada ao CT Grupo Escolar (expediente 553/2006), condutor tipo LA-110 mm2 AI (existente), e remate no apoio número 28/1 proxectado que se vai intercalar na LMT PED-705, no treito entre a derivada ao CT Bra Vivendas Sociais e a dereivada ao CT Grupo Escolar.

– Liña de media tensión soterrada, a 15 kV, cunha lonxitude de 230 m, con orixe no paso de aéreo a soterrado a realizar no apoio número 28/1 que se vai intercalar na LMT PED-705, no treito entre a derivada ao CT Bra Vivendas Sociais e a derivada ao CT Grupo Escolar, en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm2 AI, e remate en empalmes proxectados coa LMT soterrada PED-705, no treito entre a derivada ao CT Bra Vivendas Sociais e a derivada ao CT Grupo Escolar.

O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 33.301,79 euros.

Oitava. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

Segundo. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal achegará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

Cuarto. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 13 de decembro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña