Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2019 Páx. 500

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense

EDICTO (135/2017).

Eu, Paula Andrea Arango Campuzano, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC polo presente edicto, se notifica a sentenza ditada con data do 20.7.2017 aos demandados Marcos Garza Iglesias e Veigalaxa, S.L., en paradoiro descoñecido.

Na dita sentenza consta o seguinte encabezamento e decisión:

«Sentenza

“En Ourense, 20 de xullo de 2017.

Vistos por min, Eva María Martínez Gallego, maxistradaaxuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4, con competencia mercantil de Ourense, vistos os presentes autos de xuízo verbal rexistrados co número 135/2017 seguidos ante este xulgado entre partes, dun lado, como demandante, a entidade Artesanía Signes Grimalt, S.A. representada polo procurador dos tribunais Camilo Enríquez Naharro e asistida da letrada e doutro, como demandados, a mercantil Veigalaxa, S.L. e solidariamente o seu administrador social Marcos Garza Iglesias, en rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade ditou a seguinte sentenza:…”.

…Decido:

Que estimo integramente a demanda presentada polo procurador dos tribunais Camilo Enríquez Naharro en nome e representación da mercantil Artesanía Signes Grimalt, S.A. contra a mercantil Veigalaxa, S.L. e solidariamente ao seu administrador social Marcos Garza Iglesias, debo condenar e condeno a mercantil Veigalaxa, S.L. e solidariamente a Marcos Garza Iglesias, na súa calidade de administrador desta, a aboar á parte demandante a cantidade de 1.786,30 €, máis os xuros que correspondan desde a presentación da demanda ata a completa satisfacción da débeda, con expresa imposición das custas á parte demandada.

Fronte á presente sentenza non cabe interpoñer recurso ningún, sendo firme.

Notifíquese esta resolución ás partes, cuxo orixinal quedará rexistrado no libro de sentenzas quedando testemuño desta nestes autos.

Así o acordo, mando e asino.

Eva María Martínez Gallego.

Maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4-Mercantil de Ourense».

Ourense, 28 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza