Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2019 Páx. 314

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (850/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 850/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Eirín Rodríguez contra Hostelería Heroica, S.L., ditouse sentenza, cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Pablo Eirín Rodríguez contra a entidade Hostalería Heroica, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno á entidade Hostelería Heroica, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 1.245 euros brutos, por salarios devindicados durante a súa relación laboral, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hostelería Heroica, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 3 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza